- Ámbito
- Galicia
- Fecha
O valor social integrado é de 16.601.163,40 €; un redemento de 5,47 € por cada unidade mobilizada.
FEGADACE multiplica ata 5,5 veces o valor de cada euro que mobiliza a través dos servizos e actividades que desenvolven tanto a Federación como as súas cinco entidades membro: ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Santiago). Esta é a principal conclusión da contabilidade social de 2020, realizada ao longo do ano pasado, e que se publica agora.
A contabilidade social é unha ferramenta que complementa á tradicional e que nos permite medir o impacto global real que FEGADACE xera no medio no que intervén a través da súa actividade. Para realizar a contabilidade social de FEGADACE empregamos a metodoloxía da ‘Monetización do valor social’, desenvolvida pola Universidade do País Vasco e a Universidade de Deusto xunto con Geaccounting (agrupación de interese económico sen ánimo de lucro da que forma parte a Federación).
Esta metodoloxía, ademais de outras variables, dá unha especial relevancia á información obtida dos grupos de interese e persoas coas que interactuamos (persoas e familias con dano cerebral, equipos profesionais, provedores, administración, universidades, outras asociacións...).
O rendemento de cada euro multiplícase por 5,5
A través da contabilidade tradicional determinamos o impacto económico xerado pola actividade de FEGADACE e das súas entidades. Chamámoslle Valor Social de Mercado, e acada os 3.199.547,27 €. Por cada euro mobilizado, devolvemos á sociedade 1,06 €.
Cando temos en conta os aspectos que valoran as persoas que se relacionan con FEGADACE, e que denominamos variables de valor, acadamos o Valor Social Específico: 13.401.616,13 euros. Por cada euro mobilizado por FEGADACE e as súas entidades federadas, devolvemos á sociedade 4,41 €.
O Valor Social Integrado é a síntese dos anteriores: sumamos a contabilidade tradicional co valor social específico e o resultado son 16.601.163,40 euros. Por cada euro que xestionamos, devolvemos á sociedade 5,47 €.
Segundo cálculo do valor social
FEGADACE incorporou esta metodoloxía de medición por segunda vez, analizando os datos de 2020. O traballo anterior realizouse sobre o exercicio 2018. Ese ano o valor social de cada euro xestionado por FEGADACE foi de 4,01 €, o que significa que en dous anos conseguimos incrementar en case 1,5 euros o rendemento social de cada unidade monetaria que mobilizamos.
A Federación e as súas asociacións incorporaron esta metodoloxía aos seus procesos de rendición de contas anuais, cos obxectivos de coñecer mellor o impacto da nosa actividade e servizos, así como de afondar na política de transparencia de cara á sociedade e a Administración, da que proceden a maioría dos fondos que mobilizamos.
De feito, se restrinximos o Valor Social aos ingresos procedentes das distintas administracións públicas, o retorno increméntase ata 9,16 euros: por cada euro público recibido, FEGADACE e as súas asociacións xeran para a sociedade máis de nove.
O informe ‘Monetización do valor social xerado por FEGADACE e as súas entidades membro (exercicio 2020)’ puido realizarse grazas ao financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.