- Ámbito
- Ourense | Vigo
- Fecha
Organizamos dúas charlas que van ter lugar na sede de DCA Ourense, o 26 de maio, e na de Alento, en Vigo, o 2 de xuño.
O goce dun ocio inclusivo e accesible é unha condición fundamental para o pleno desenvolvemento e realización das persoas con dano cerebral adquirido. A participación social e unha vida independente non están completas se non é posible estar, en igualdade de condicións coas persoas sen discapacidade, nos museos, concertos, actividades deportivas, visitas guiadas ou salas de cine e de teatro. Pero esta presenza non está garantida.
Por iso Dano Cerebral Galicia puxo en marcha hai xa tres anos unha campaña de sensibilización para un ocio inclusivo e accesible que conta entre as súas liñas de acción coa formación de persoal técnico e operadores de ocio, tanto públicos como privados, así como estudantando en formación nas áreas de ocio ou turismo, nas necesidades que presenta o noso colectivo á hora de acceder á súa programación.
Esta formación cobra forma de charla sobre 'Ocio inclusivo e accesible' e achega recomendacións para desenvolver boas prácticas á hora de deseñar espazos, actividades e programacións inclusivas que realmente posibiliten a presenza de persoas con dano cerebral adquirido. Programamos dúas novas sesións nos meses de maio e xuño:
Ourense
DCA Ourense (Rúa Clara Campoamor, 15, 32002 Ourense)
26/05/2026
16:00-17:15
Inscrición aquí
Vigo
Alento (Rúa da Pedra Seixa, 31, 36212 Navia - Vigo)
02/06/2026
16:00-17:15
Inscrición aquí