- Ámbito
- Ourense
- Fecha
DCA Ourense explica como abordan desde logopedia o uso do nebulizador para manter a vía aérea limpa e hidratada.
DCA Ourense explica como desde a área de logopedia traballan coa linguaxe, a fala e a deglutición, pero tamén coa voz, a respiración e a saúde da vía aérea.
En concreto, para manter a área limpa e hidratada, emprégase o nebulizador, que ten múltiples beneficios e utilidades:
- Hidrata e limpa as vías respiratorias.
- Facilita a eliminación de secrecións.
- Mellorar a calidade da respiración.
- Preparar a vía aérea para o traballo de voz e de deglutición.
- Reducir o risco de infeccións respiratorias.
Unha vía aérea limpa e ben hidratada favorece un mellor control respiratorio, unha voz máis funcional e unha deglutición máis segura para as persoas con dano cerebral adquirido.