- Ámbito
- Ourense
- Data
'Misión cumplida': cartas para reforzar a memoria do traballo, a planificación de tarefas ou a toma de decisións.
'Misión Cumplida' é un xogo de cartas cooperativo no que se traballa en equipo para cumprir co maior número posible de retos, antes de que se rematen as cartas. DCA Ourense emprégao nun contexto lúdico e rehabilitador.
Con este xogo as competencias que se traballan son a lóxica, as matemáticas e a lingüística. Permítenos mellorar as habilidades inferenciais e a comprensión lectora, ademáis de adestrar varias función executivas como o control inhibitorio, a flexibilidade cognitiva, a memoria de traballo, a planificación de tarefas e a toma de decisións.