- Ámbito
- A Coruña
- Data
Estes espazos de encontro permítenlles fomentar a participación, a autonomía e as relacións sociais das persoas con dano cerebral.
Como cada ano, Dano Cerebral A Coruña organizou unha xornada de convivencia e ocio, fomentando a participación social, a autonomía e as relacións sociais. Nesta ocasión visitaron, o sábado 27 de xuño, as vilas de Ares e Redes.
Persoas usuarias da entidade e profesionais compartiron un día de convivencia, paseos e conversas gozando da beleza da costa coruñesa.
Estes espacios de encontro permítenlles fomentar a participación, a autonomía e as relacións sociais das persoas con dano cerebral, demostrando que o ocio compartido xera unha oportunidade de crear lembranzas, fortalecer vínculos e gozar da experiencia en compañía.