- Ámbito
- Lugo
- Data
O grupo ten como obxectivo principal a promoción da socialización, facilitando que as participantes se apoien mutuamente.
Dano Cerebral Lugo levou a cabo en maio a cuarta sesión do obradoiro para persoas coidadoras, un espazo pensado especialmente para este colectivo onde se combinan actividades de manualidades e benestar.
Este grupo ten como obxectivo principal favorecer a socialización, creando un ambiente no que as participantes poidan coñecerse mellor, compartir experiencias e tecer unha rede de apoio mutuo. A iniciativa continúa medrando e consolidándose como un punto de encontro enriquecedor.
Este mes de xuño terá lugar unha nova sesión, na que se seguirá promovendo o acompañamento, a creatividade e o coidado emocional das persoas participantes.