- Ámbito
- Lugo
- Data
Trátase dun grupo de debate online no que as persoas usuarias da entidade comparten impresións sobre libros, series e películas.
Un grupo de persoas, técnicas e usuarias, de Dano Cerebral Lugo, desprazouse o pasado 20 de marzo ás instalacións locais da Cadena Ser para responder a unha entrevista sobre o proxecto Lerflix.
Dano Cerebral Lugo agradeceu á emisora de radio a oportunidade de falar sobre esta iniciativa e tamén falar sobre o dano cerebral adquirido e da importancia de darlle visibilidade. Recomendan escoitar a entrevista, no programa Hoy por hoy Lugo, nesta ligazón, a partir do minuto 1:15:00.
Lerflix é un grupo de debate no que as persoas con dano cerebral comparten impresións sobre diferentes lecturas e visionados. Recoméndanse mutuamente libros, series e películas, que logo comentan en sesións online. Hai máis información sobre Lerflix aquí.