- Ámbito
- Galicia
- Data
Cada ano ascende o número de compañías que asignan o 0,7% do seu Imposto de Sociedades a fins sociais; en Galicia foron máis de 23.200 o ano pasado.
Desde hoxe, 1 de xullo, e ata o día 25, está aberto o período para presentar a declaración do Imposto de Sociedades. Dende 2018 existe a posibilidade, paralela á da declaración do IRPF, de destinar o 0,7% da tributación a fins sociais a través do cadro de 'Empresa Solidaria'.
Marcala é moi sinxelo: cómpre ir ao apartado de 'outros carácteres - fins sociais' do Imposto de Sociedades e marcar o 00073 (no modelo 200) ou o 069 (no modelo 220).
Cada vez máis empresas solidarias
En 2025 recadáronse en Galicia 4,7 millóns de euros a través do Cadro 'Empresa Solidaria', un 53,6% máis que no exercicio anterior. Trátase da terceira comunidade autónoma máis comprometida, detrás de Cantabria e a Comunidade Valenciana.
Máis de 23.200 empresas galegas marcárona, un 20% máis que na campaña anterior, aumentando a participación ao 23,8% do tecido empresarial galego.
A nivel estatal, a campaña de 2025 recadou 124 millóns de euros (ano anterior foran 86), o que supón un incremento do 44%. Na primeira campaña de imposto de sociedades na que a medida estaba implantada, superáronse os 33 millóns de euros.
No 2025, o 22% das empresas marcaron o cadro. Unha cifra que non para de aumentar, tendo en conta o 19% do ano anterior e o 2,7% de 2023.