- Ámbito
- A Coruña
- Data
A asociación incorporou unha ferramenta de lectura que garante o acceso a toda información das persoas con discapacidade visual.
Dano Cerebral A Coruña ADACECO incorporou unha nova ferramenta de accesibilidade na súa páxina web que permite escoitar o contido de cada páxina en formato de audio. A través dun botón de "play" dispoñible en cada pestana, unha voz le o texto completo da páxina.
Deste xeito facilítase o acceso á información para persoas con discapacidade visual, dificultades de lectura ou que, de calquera xeito, prefira acceder ao contido de forma auditiva.
Con este cambio na web, a asociación coruñesa reafirma o seu compromiso coa inclusión dixital, a redución da fenda nese sentido, e cunha experiencia online máis cómoda e accesible para todas as persoas usuarias.