- Ámbito
- Ourense
- Data
DCA Ourense continúa informando e visibilizando diferentes aspectos da rehabilitación no contexto do centro de atención diúrna terapéutica.
Dentro das actividades ofrecidas desde a área de Educación social en DCA Ourense, varias persoas usuarias participan nun obradoiro de manualidades de periodicidade semanal.
Este grupo creouse a partir dun interés común manifestado polas propias persoas con dano cerebral adquirido participantes.
As técnicas empregadas son variadas e selecciónanse de maneira consensuada polas propias persoas participantes, promovendo así a autodeterminación, a toma de decisións, a autonomía e o respecto polos intereses individuais e do grupo.
Os obxectivos son diversos; dende a Educación social valórase como prioritario o reforzo da autoestima, a mellora das habilidades sociais, o diálogo e o traballo compartido, favorecendo espazos de participación activa e relacións positivas entre iguais.