- Ámbito
- Madrid
- Data
A fenda con respecto ás persoas sen discapacidade tamén se ve nos salarios, dun 18%, e no paro, que acada o 18,5%.
O Observatorio Estatal da Discapacidade publicou a mediados de decembro un "microinforme" titulado 'Unha radiografía laboral das personas con discapacidade en España'. Baseándose nos datos do Instituto Nacional de Estadística, que o 12 de decembro amosou os resultados da súa última Enquisa de Poboación Activa (sobre o ano 2024), o Observatorio viu demostrar unha vez máis a enorme fenda que existe a nivel laboral entre a poboación con e sen discapacidade.
Esta desigualdade dáse a nivel de emprego e tamén de desemprego. A taxa de actividade é apenas do 35,4%, cun 28,9% de persoas con discapacidade empregadas. As persoas sen discapacidade teñen, pola contra, unha taxa de actividade do 78,5%, cunha taxa de emprego de case o 70%.
O paro na poboación xeral é do 11,2%, e ascende ata o 18,5% atendendo ás persoas con discapacidade.
A fenda salarial é o terceiro dos datos de máis relevancia. As persoas con discapacidade cobraron de media 5.048 euros menos ao ano, o que constitúe case un 18% menos que a poboación xeral. Esta fenda increméntase se observamos ás mulleres con discapacidade, que gañan aínda un 7% menos que os homes con discapacidade (ata 1.662 euros anuais menos).
As persoas con discapacidade constitúen o 6,1% da poboación total en idade laboral (16-64 anos); en 2024 había 1.941.500 persoas con discapacidade en idade laboral.
Hai máis datos no microinforme do Observatorio Estatal da Discapacidade, na súa web.