Dado o noso carácter aglutinador como federación, desde Dano Cerebral Galicia desenvolvemos accións dirixidas a potenciar a cohesión do movemento asociativo, a mellorar a cooperación e o traballo en rede coas nosas entidades, así como a reforzar o noso posicionamento e funcionamento institucional.
Esta liña de acción busca avanzar no crecemento da Federación a través do traballo conxunto coas entidades e da expansión do movemento asociativo. A meta concrétase en accións encamiñadas, por unha banda, a reforzar o traballo coordinado das asociacións co fin de homoxeneizar procedementos e mellorar a prestación de servizos e; por outra, a aumentar o tecido asociativo e a base social do movemento representativo do dano cerebral en Galicia.
Encontro formativo de profesionais
Xornada anual de convivencia e formación das persoas traballadoras da Federación e das súas cinco entidades.
Xuntanza do movemento asociativo
Reunión de carácter lúdica e festivo dirixida á totalidade do movemento asociativo.
Esta liña de acción busca fortalecer a estrutura da Federación para mellorar os procesos de organización e xestión e asegurar a sustentabilidade económica. A meta concrétase en accións orientadas a reforzar a estrutura, a organización interna e a acción operativa en todos os niveis; a promover a diversificación na captación de fondos; e a mellorar a optimización dos recursos e avanzar na xestión de calidade e a organización de procesos.
STOP Fenda Dixital
Programa orientado ao impulso da dixitalización da Federación a través da implantación de recursos e medios tecnolóxicos, así como da capacitación neste eido das persoas e familias con dano cerebral adquirido.