Esta liña de acción busca consolidar o papel de Dano Cerebral Galicia como principal referente na atención ao dano cerebral adquirido en Galicia, así como situar a discapacidade no centro da axenda social e lexislativa galega. Con este fin, visibilizamos e defendemos os dereitos das persoas que conforman o colectivo ante administracións públicas, institucións e axentes sociais e mediante a participación en diferentes iniciativas e foros especializados. Ademais, promovemos canles de activismo sociopolítico para favorecer a autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido e recoñecemos o labor de quen traballa para mellorar a súa calidade de vida.
Demandas do movemento asociativo
Propostas para o desenvolvemento de políticas públicas que repercutan na mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido.
Día Nacional do Dano Cerebral
Xornada conmemorativa e reivindicativa que, desde a súa institucionalización en 2007, se celebra cada 26 de outubro.
Campaña ‘X Solidaria’
Campaña dirixida a animar ás persoas contribuíntes a marcar o recadro de fins sociais na súa declaración da renda.
Premio FEGADACE - Miguel Blanco
Galardón que recoñece o labor e traxectoria de persoas e entidades comprometidas co colectivo de persoas con dano cerebral adquirido.
Rede de Cidadanía Activa
Plataforma de participación social orientada a favorecer a autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido.