Cada 26 de outubro celébrase o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, unha conmemoración decretada en 2007 polo Consello de Ministros co obxectivo de mobilizar á sociedade e de implicala na prevención desta súbita lesión. Anualmente, tanto Dano Cerebral Estatal como Dano Cerebral Galicia organizamos arredor desta data diversas accións para reivindicar e promover medidas, recursos e ferramentas para a inclusión do case medio millón de persoas que teñen esta discapacidade en España.
Entre as accións que se repiten cada ano atópase a elaboración dun manifesto por parte das asociacións artelladas arredor de Dano Cerebral Estatal.
Ademais, en Dano Cerebral Galicia conmemoramos o 29 de outubro o Día Mundial do Ictus, declarado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), e o 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.