A ‘Carreira e Andaina solidaria Camiñando polo Dano Cerebral’ é unha actividade de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido que promove a súa prevención mediante a realización de dúas probas deportivas inclusivas e accesibles.
A actividade ten como obxectivo visibilizar o dano cerebral adquirido e concienciar sobre a súa casuística e dimensión, así como promover o deporte como un hábito de vida saudable, nun ambiente festivo e solidario.
A organización da xornada parte da consideración do exercicio físico como un aliado na prevención do dano cerebral adquirido e, especialmente da súa principal causa, o ictus. Xunto cunha dieta equilibrada, diminúe os factores de risco (como a obesidade, o sedentarismo, a diabetes ou o estrés).
Igualmente, a práctica deportiva resulta beneficiosa para persoas con dano cerebral adquirido, xa que un bo ton físico contribúe á prevención de situacións de dependencia e a evitar que estas se agudicen, ademais de reforzar a autoestima e a manter a autonomía persoal.
A cita deportiva promove a participación de todas as persoas a través de diferentes modalidades, con percorridos accesibles e distintas distancias a realizar, xa sexa a pé ou correndo.
A primeira edición celebrouse en 2022 en Santiago de Compostela con 322 participantes, mentres que a segunda e terceira edición realizáronse en 2023 e 2024 no Concello de Lalín coa participación de máis de 220 persoas.
As dúas edicións da xornada deportiva contaron co apoio de administracións locais e tecido empresarial.
A organización da edición de 2022 realizouse co apoio do Concello de Santiago de Compostela, do Xacobeo 21-22 e da Consellería de Política Social e Xuventude, así como coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, da Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle, e de máis de dúas ducias de empresas e entidades.
A organización da edición de 2023 realizouse co apoio do Concello de Lalín, no marco do convenio de colaboración entre Dano Cerebral Galicia e o municipio, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e das empresas patrocinadoras Inasus, Metaldeza, O Muiño de Cuiña, Mejuto Termodinámica Automática, GSI Dotación Industrial, Grupo Vilariño, Taboada y Ramos, Tecglass, Clínica Deza, Centro Move, Autocares Meijide, Autocares Rias Baixas, Vegalsa Eroski, Kalekoi Lácteos, Galletas Daveiga, Florentino e Toldos Gómez.
No caso da edición de 2024, ademais da colaboración do Concello de Lalín, contouse co apoio loxístico e económico prestado por GSI Dotación Industrial, Kalekói, Autobuses Rías Baixas, Eroski, Global Develop Event Service, Piscofino Gourmet, MOVE Centro de Saúde e Movemento, Daveiga, Clube Ciclista Montes do Deza, Gadis, Centro Comercial As Pontiñas, Hipergarden A Estrada, Autocares Meijide, Profecon e Ulla Oil.