Esta actividade procura unha aproximación ao dano cerebral adquirido a través do visionado colectivo de películas, curtas e outros documentos cinematográficos e a súa posterior análise a través dun coloquio entre as persoas asistentes.
Estas sesións procuran incrementar o coñecemento sobre o dano cerebral adquirido, en particular, mediante o visionado de pezas cinematográficas. O material audiovisual serve como recurso para divulgar información sobre as súas causas e secuelas nun ambiente distendido, así como para reflexionar sobre a representación da discapacidade, os estereotipos e os estigmas.
A actividade diríxese a maiores de 65 anos, preferentemente habitantes de zonas rurais.
As sesións de cinefórum realízanse con financiamento da Consellaría de Política Social e Igualdade, no marco dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan o X Solidario na súa declaración da renda.
Queres que organicemos unha sesión de cinefórum?
Ponte en contacto connosco a través do formulario de contacto.
Solicitude de actividade