A plena inclusión social das persoas con discapacidade implica a súa participación en actividades culturais, recreativas e deportivas no seu tempo libre, en igualdade de condicións ca o resto da sociedade e, por tanto, sen que a súa situación ou necesidades supoñan unha barreira excluínte. Para garantir este dereito, unha dimensión fundamental no desenvolvemento humano pero tradicionalmente desatendida ou subestimada, desde a Federación lanzamos campañas, promovemos iniciativas e prestamos apoios que permiten ás persoas con dano cerebral adquirido gozar do ocio en comunidade.
Campaña de sensibilización
Recomendacións para eliminar barreiras no acceso e participación de persoas con dano cerebral en actividades culturais e lúdicas.
Nado polo Dano Cerebral
Proxecto de promoción de hábitos saudables a través de sesións formativas de natación para persoas con dano cerebral adquirido.
Sesións de boccia
Programa de introdución a práctica deste deporte paralímpico para persoas con dano cerebral adquirido.