Dano Cerebral Galicia ofrece un Servizo de Asesoramento e Préstamo de Produtos de Apoio que ten como obxectivo facilitar o acceso a este tipo de dispositivos, así como o adestramento no emprego dos mesmos. O servizo é gratuíto, diríxese a persoas socias das entidades federadas, e xestiónase a través dos/as terapeutas ocupacionais de Alento, Dano Cerebral A Coruña ADACECO, Dano Cerebral Lugo, Dano Cerebral Santiago de Compostela e DCA Ourense.
É un servizo gratuíto de asesoramento, adestramento e préstamo de produtos de apoio, para favorecer a independencia e a autonomía persoal.
A dinámica de funcionamento é a seguinte:
- Valoración e derivación.
- Envío do produto solicitado de Dano Cerebral Galicia á asociación.
- Entrega e adestramento.
- Préstamo e seguimento. O préstamo é de 3 meses con posibilidade de prórroga. En produtos de apoio para actividades excepcionais, o préstamo é de 15 días.
- Devolución e avaliación do servizo.
O Servizo de Asesoramento e Préstamo de Produtos de Apoio está aberto a doazóns! Se tes un produto que xa non empregas, podes doalo ao noso servizo e darlle unha segunda vida.
Os produtos en oferta clasifícanse nos dedicados a mobilidade funcional, alimentación e cociña, vestido, ducha, hixiene persoal, xestión da comunicación, ocio e órtese. Podes consultar aquí o Catálogo de produtos de apoio.
Dano Cerebral Galicia editou un folleto informativo sobre o servizo que pode consultarse aquí.
Este servizo está dirixido a persoas con dano cerebral adquirido socias das entidades de Dano Cerebral Galicia.
Contan con prioridade as persoas que:
- Residan en concellos rurais.
- Se atopen en fase subaguda ou en fase crónica sen previo asesoramento en produtos de apoio.
- Teñan dificultades socioeconómicas.
- Presenten unha situación de alta necesidade segundo criterio profesional.
Este servizo xestiónase desde os servizos de Terapia ocupacional das asociacións membro de Dano Cerebral Galicia.
Se tes algunha petición de préstamo, suxestión de compra ou intención de realizar unha doazón dalgún produto de apoio, contacta co/a terapeuta ocupacional de Alento, Dano Cerebral A Coruña ADACECO, Dano Cerebral Lugo, Dano Cerebral Santiago de Compostela ou DCA Ourense.
Este proxecto conta co apoio e o financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF -é dicir, que se organiza grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda-; da Fundación "la Caixa"; e da Fundación Barrié, no marco da convocatoria Más Social.

