En Dano Cerebral Galicia ofrecemos un servizo de asesoramento legal ás persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, así como aos equipos profesionais das asociación federadas. Trátase dun recurso especializado destinado a informar e aconsellar sobre as dúbidas de carácter legal e xurídico que poidan ter en relación con calquera tema derivado da situación relacionada coa irrupción da discapacidade.
O servizo inclúe as seguintes accións:
- Asesoramento individual sobre dereitos e outras cuestións que poidan xurdir en relación coa aparición da discapacidade na vida da persoa con dano cerebral adquirido no núcleo familiar (medidas de apoio á capacidade xurídica das persoas con discapacidade, incapacitación xudicial do anterior sistema, patrimonio protexido, procedemento sucesorio, dereitos sanitarios, dependencia, propiedade horizontal e accesibilidade e mediación e mecanismos de solución alternativa de conflitos, entre outras).
- Acompañamento en situacións de discriminación e vulneración de dereitos.
- Acompañamento en casos de violencia.
- Realización de sesións de formación e divulgación sobre temáticas xurídicas vinculadas ao dano cerebral adquirido.
- Asesoramento a profesionais das entidades federadas.
O servizo diríxese a familias e persoas con dano cerebral adquirido que sexan socias das asociacións federadas a Dano Cerebral Galicia, así como aos equipos profesionais destas entidades.
Trátase dun servizo gratuíto e confidencial. Se queres realizar unha consulta, pedir asesoramento ou solicitar unha charla de contido xurídico, accede ao formulario de contacto e déixanos a túa mensaxe.
Queres solicitar asesoramento?
Envíanos a túa consulta a través do formulario de contacto.
Contáctanos