Dámosche a benvida ao espazo de produtos solidarios de Dano Cerebral Galicia. Aquí abrímosche as portas das nosas asociacións federadas para que descobras os obxectos de agasallo que realizan de forma artesanal e con moito agarimo as súas persoas usuarias en obradoiros e actividades terapéuticas.
Consulta a galería de imaxes e escolle o agasallo que máis che guste. Se estás a buscar algún produto en concreto ou necesitas máis unidades das dispoñibles no catálogo para algún evento especial, algunhas entidades realizan pedidos por encargo. Entra no apartado de ‘Entidades socias’ e fai a túa consulta.
Bolsa de tela
Cosida e pintada a man con tela de lino por persoas usuarias da asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela.
Caderno cosido
Elaborado artesanalmente con tapas de cartón e tela por persoas usuarias da asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela. Encadernación con cosido xaponés. Dispoñible en diferentes tamaños.
Chaveiro
Realizado en tela con estampaxe a man por persoas da asociaciónn Dano Cerebral Santiago de Compostela.
Portalapis
Estoxo de 20x10 cm para lapis e bolígrafos confeccionado por persoas usuarias de Dano Cerebral Santiago de Compostela con tela procedente dun comercio local de Bata (Guinea Ecuatorial). Conta cunha goma para suxeitelo a un caderno e pecha cun botón por presión.
Bolsa plegable
Bolsa confeccionada por persoas usuarias de Dano Cerebral Santiago de Compostela con tela que procede dun comercio local de Bata (Guinea Ecuatorial). A bolsa prégase e pecha cun botón por presión. As medidas da bolsa aberta son de 40x40 cm e encartada de 18x12 cm.
Casas de paxaros
Casas para paxaros realizadas a man na asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela. Fanse exclusivamente por encargo e o tempo necesario para a súa entrega é de 5 semanas desde o momento da compra.