- Recursos
Publicacións
Lectura fácil activa
Este repositorio reúne documentación relativa ao noso funcionamento interno, ao marco legal vinculado coa nosa actividade e a rendición de contas, así como material informativo, formativo e froito da investigación que pode resultarche de utilidade. Para axilizar o proceso de busca, escolle a categoría temática e o idioma que che interesen para filtrar os arquivos, dispoñibles para descarga.
Daño cerebral y familias. Atención psicológica a familiares de personas con traumatismo craneoencefálico por accidentes de tráfico
Documento aborda o impacto no entorno máis próximo dunha persoa que ten dano cerebral, con recomendacións para afrontar perdas e técnicas de soporte e intervención para familias.
Get there safely
Versión en inglés. Folleto informativo de prevención do dano cerebral dirixido a persoas que realizan o Camiño de Santiago.
Dano cerebral e saúde oral. Información para profesionais
Tríptico con información e recomendacións para profesionais da odontoloxía, hixienistas etc.
Guía de atención a familiares de personas con daño cerebral adquirido: problemas de comunicación
Folleto informativo para a resolución de dúbidas relacionadas con problemas de comunicación de persoas con dano cerebral.
Planificación y gestión de proyectos en las asociaciones de daño cerebral
Caderno técnico que sistematiza unha base metodolóxica para a planificación e xestión de proxectos para persoas con dano cerebral adquirido a partir da aplicacion do enfoque do marco lóxico.
Modelo de atención a las personas con daño cerebral
Informe técnico que recolle os principios, características e recursos que deben rexer a atención ao dano cerebral adquirido dos servizos sociosanitarios en todo o Estado español.
Buenas prácticas e innovación para mejorar la calidad de vida de las personas con daño cerebral y sus familias
Caderno técnico con información detallada para a elaboración execución e valoración de proxectos eficaces de mellora da autonomía persoal, de intervención comunitaria, de atención a familiares de persoas con dano cerebral e xestión de recursos especializados, amosando experiencias concretas.
Promoción de la vida independiente a través de la asistencia personal en daño cerebral adquirido
Caderno técnico para o deseño de proxectos de asistencia persoal dirixido a entidades que atenden a persoas con DCA en contextos de inclusión social (residencias, pisos supervisados, asociacións etc).
O dano cerebral adquirido. Prevención, causas, secuelas
Folleto informativo sobre as principais causas e consecuencias do dano cerebral adquirido, con especial atención ao ictus.
Inclusión sociolaboral de personas con daño cerebral
Caderno técnico con ferramentas metodolóxicas para abordar aspectos específicos na orientación e intermediación sociolaboral e a elaboración e deseño de proxectos de inclusión sociolaboral de persoas con DCA, así como exemplos de boas prácticas neste eido.
Guía de orientación para familiares, amigos y cuidadores de personas con daño cerebral
O texto ofrece indicacións sinxelas sobre as diferentes etapas na evolución do dano cerebral desde os primeiros momentos da lesión co fin de servir de apoio a familiares, amizades e persoas coidadoras, así como responder a algúns dos interrogantes que xorden arredor da discapacidade.
Protocolo para la atención a mujeres con discapacidad víctimas de violencia
O documento contextualiza a violencia contra as mulleres con discapacidade, inclúe un balance dos protocolos de coordinación institucional e do ámbito sanitario e ofrece unha ruta de acción para a detección, valoración e intervención de mulleres e nenas con discapacidade vítimas de violencia.
Defensa de derechos de las personas con daño cerebral. Guía para familias
Guía de aproximación ás modificacións introducidas pola Lei 8/2021 no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade.
Que sabemos do ictus?
Banda deseñada creada polo ilustrador Miguel Gallardo para sensibilizar ao público adolescente sobre a realidade do dano cerebral e a prevención do ictus, a súa principal causa.
Guía de orientación para la formación de adultos con daño cerebral
Guía dirixida á comunidade educativa con información sobre o dano cerebral adquirido e pautas para a inclusión en recursos educativos formais e informais de alumnado que teña esta discapacidade.
Daño cerebral adquirido: orientación para el profesorado
Guía dirixida á comunidade educativa con información para resolver dúbidas sobre o dano cerebral adquirido infantil e ofrecer pautas para a inclusión de alumnado que teña esta dispacidade.
Escala CAVIDACE. Evaluación de la calidad de vida de personas con daño cerebral
A publicación expón a escala CAVIDACE, un instrumento pioneiro no ámbito internacional polo enfoque psicosocial de avaliación global da calidade de vida da persoa con dano cerebral, realizada polo Instituto Universitario de Integración a Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca.
Eu non son o meu dano cerebral. adquirido. 20 anos de movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia
Documento que conmemora as dúas décadas de traxectoria do movemento asociativo galego a través dunha cronoloxía dos principais fitos vinculados co dano cerebral adquirido, con fotografías e testemuños de diferentes persoas.
Dano cerebral e saúde oral. Información para persoas con dano cerebral e as súas familias
Tríptico con información e pautas sobre saúde oral para persoas con dano cerebral adquirido.
Recomendacións prácticas para o uso das TIC e da comunicación en persoas con dano cerebral
Documento con pautas para introducir o emprego das novas tecnoloxías na abordaxe da intervención logopédica no dano cerebral.
Conocimiento del diagnóstico y recursos de las personas con daño cerebral adquirido, midiendo la cobertura de las necesidades del colectivo
Estudo desenvolto por FEGADACE en colaboración coa Sociedade Galega de Neuroloxía para avaliar o coñecemento da poboación que tivo un ictus sobre a diagnose, factores de risco, síntomas de alarma e outros aspectos, así como medir a cobertura das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido. A información recompilouse a través da recollida de información a partir de enquisas a máis de 300 persoas dadas de alta por ictus en sete hospitais públicos galegos.
Modelos de atención al daño cerebral en España
Informe xurdido da investigación realizada polo Instituto Universitario de Integración en la Comunidad (INICO) en colaboración con FEDACE que analiza a asistencia sociosanitaria en España a través da comparación dos modelos de atención das comunidades autónomas.
Menores y daño cerebral. Atención psicosocial a menores con daño cerebral y sus familias
Caderno técnico que detalla as necesidades e intervencións especializadas dentro do itinerario de atención sociosanitaria dos menores con dano cerebral e as súas familias desde as diferentes perspectivas dos profesionais implicados. Está dirixida principalmente a profesionais que atenden a familias e persoas con dano cerebral infantil en contornas non especializadas, comor unha escola ou un centro de saúde.
Actualización do plan de asistencia ao ictus en Galicia (Código Ictus)
Documento que actualiza as directrices de actuación ante un ictus no sistema público de saúde galego a partir dos últimos avances no diagnóstico por neuroimaxe e das melloras no tratamento endovascular.
Guía metodológica de intervención y buenas prácticas en la inclusión sociolaboral de personas con daño cerebral adquirido
Documento dirixido a profesionales relacionados ca atención a persoas con dano cerebral adquirido a orientación laboral persoas con discapacidade que expón de forma breve as bases, fases e ferramentas dun método de intervención baseado no establecemento de itinerarios personalizados de inserción.
Estados alterados de conciencia tras el daño cerebral. Guía para familias
Documento dirixido a familias e persoas coidadoras con información práctica para resolver dúbidas e afrontar o proceso no que unha persoa se atopa en coma, en estado vexetativo ou nun estado de mínima conciencia durante o seu paso pola UCI e planta hospitalaria e trala alta médica.
Estudio sobre la atención al daño cerebral en recursos residenciales no específicos gallegos
Primeira investigación que ofrece información cuantitativa e cualitativa sobre a presenza do dano cerebral adquirido en centros residenciais non específicos desta discapacidade en Galicia.
Manual de higiene oral para personas con discapacidad
Publicación dirixida a profesionais da saúde oral e persoas coidadoras centrada en ofrecer información práctiica para o coidado bucodental de persoas con discapacidade.
El cuidado informal en el daño cerebral adquirido: impacto en la salud y calidad de vida de las personas cuidadoras. Análisis en clave de desigualdad de género
Versión en castelán. Investigación realizada a partir de 300 entrevistas a persoas coidadoras do movemento asociativo do dano cerebral galego co obxectivo de coñecer o impacto do labor de atención informal ás persoas con dano cerebral adquirido e contribuír ao deseño de políticas públicas de apoio a este colectivo.
Manual de cuidados paliativos en el paciente con ictus
Publicación que recolle recomendacións do grupo de estudo de enfermidades cerebrovasculares da Sociedade Española de Neuroloxía para desenvolver as habilidades necesarias en comunicación, definición de obxectivos, toma de decisións, manexo de síntomas e coidados específicos no final da vida de persoas con ictus grave.
Guía de Ayudas Sociales y Servicios para las familias (2023)
Documento que ofrece información actualizada ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, os beneficios e os servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado.
Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021e a outras normativas de interese para o colectivo
Publicación que, con unha linguaxe sinxela e accesible, detalla os principais cambios introducidas pola Lei 8/2021 no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade, abordando a substitución da antiga tutela polo novo sistema de apoios, así como outros aspectos normativos o baremo da discapacidade, o patrimonio e as herdanzas e as instrucións previas no ámbito médico.
Ictus, principal causa do dano cerebral adquirido
Folleto informativo para a rápida identificación dos síntoma de alarma do ictus.
O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero
Versión en galego. Investigación realizada a partir de 300 entrevistas a persoas coidadoras do movemento asociativo do dano cerebral galego co obxectivo de coñecer o impacto do labor de atención informal ás persoas con dano cerebral adquirido e contribuír ao deseño de políticas públicas de apoio a este colectivo.
Guía de Familias
Publicación dirixida a familias e persoas coidadoras de persoas con dano cerebral con información relevante para resolver as principais dúbidas e acompañar na comprensión da rrealidade da discapacidade desde o momento da súa aparición.
O importante é chegar ben
Versión en galego. Folleto informativo de prevención do dano cerebral dirixido a persoas que realizan o Camiño de Santiago.
Lo importante es llegar bien
Versión en castelán. Folleto informativo de prevención do dano cerebral dirixido a persoas que realizan o Camiño de Santiago.
Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando alguén da túa familia está no hospital
Documento de consulta para que familias e persoas próximas de quen tivo subitamente unha lesión cerebral poidan resolver as dúbidas e reducir a confusión e desorientación habituais despois de os primeiros momentos. A publicación ofrece definicións sinxelas que axudan a poñer nome e comprender as características da nova realidade, expón información sobre dereitos e recursos de apoio, atención e rehabilitación existentes en Galicia e presenta pautas básicas para proporcionar coidados e apoio básico a persoas con dano cerebral adquirido.